Ampla variedade de cebo vivo dende especies internacionais a cebos das nosas costas galegas. Dispoñemos de diferentes especies de cebo de mar e río segundo a necesidade de cada cliente.
Cebo vivo sen perda de calidade, grazas as nosas instalacións con viveiros aclimatados e acondicionados e disposición de diversas cámaras de climatización necesarios para a vida dos anélidos.
Dende o ano 2008, somos unha empresa punteira especializada neste sector, enfocados a mellora competitiva no desenrolo de I+D e en todas as áreas organizativas.
Abarcamos dende especies internacionais como o coreano, americano… cebos recolleitos en territorios fronteirizos como a tita palangre, llobarrero así como cebos galegos recolleitos ó longo da nosa xeografía.
02COIDADOS
Posuímos unhas instalacións onde os cebos son recolocados en viveiros acordes as súas necesidades fisiolóxicas hasta o momento do seu envasado.
03 TRANSPORTES
Traballamos cas principais empresas do sector que garanten a entrega coa maior celeridade posible e en perfecto estado. Ademais, contamos con flota propia de vehículos certificados co máximo nivel ecolóxico.
O noso equipo
EQUIPO FORXADO DENDE CERO
A nosa historia parte do esforzo e dedicación do seu fundador, Miguel Casas, mellorando diariamente e construíndo un futuro ata o que somos hoxe en día, unha empresa moderna e punteira no sector.