Quen somos

Historia da empresa

equipo-historia-xs
A empresa MICEBO é una organización fundada no 2008, aínda que opera como SL desde o ano 2015.
O fundador e propietario da empresa, Miguel Casas, comezou a súa andaina de forma individual e independente ante a gran demanda de cebo vivo. Pouco a pouco a cifra de negocio foi incrementando e, con moito esforzo e dedicación, o volume de vendas disparouse, o que permitiu a incorporación de man de obra cualificada e a adquisición dunha nave para acomodar da mellor maneira posible os poliquetos.
Pouco a pouco fomos diversificando os produtos e incorporando novos cebos atractivos para pescadores e pescadoras. Ao mesmo tempo introducimos mecanismos de mellora e tecnoloxía punteira nas nosas instalacións.

A NOSA FILOSOFÍA

Valores

Hoxe en día, a actividade de MICEBO sostense sobre os seguintes valores:
responsabilidad

RESPONSABILIDADE

O noso espírito de afrontar as obrigas cos nosos clientes e coa nosa contorna e de poñernos mans á obra sen dilación.
transparencia

TRANSPARENCIA

O noso compromiso cos nosos clientes é o de ser claros na descrición dos nosos produtos e servizos sen omitir información e coa maior coherencia posible.
constancia

CONSTANCIA

Perseverar no logro de obxectivos é a nosa aposta a longo prazo polo esforzo que plasmamos día a día no noso traballo.
adaptabilidad

ADAPTABILIDADE

Movémonos nunha sociedade en continuo cambio e novos escenarios. Non podemos vivir alleos isto, polo que estamos extremadamente ligados á formación e aprendizaxe continuas para a busca da CALIDADE a todos os niveis dos nosos produtos.
puntualidad

PUNTUALIDADe NO SERVICIO

O retraso nas obrigas é o oposto á filosofía da nosa empresa. A nosa prioridade cada día é expedir todos os pedidos conforme aos requisitos dos nosos clientes.
excelencia

EXCELENCIA

Por definición, un estado inalcanzable no que todas as engrenaxes funcionan á perfección. Como valor corporativo obríganos a intentar superarnos día tras día sen caer na mediocridade.
cercania

PROXIMIDADE

Gústanos sentirnos preto dos nosos clientes, facelos partícipes da nosa filosofía e transmitir que a nosa razón de ser é cada un deles.
equipo-valor-humano-xs

Valor Humano

O noso valor máis importante

O capital humano co que conta MICEBO é o noso valor máis importante. Somos un equipo de profesionais especializados neste sector grazas ás estratexias enfocadas de cara á mellora competitiva e a un continuo interese polo I+D enfocado a todas as áreas organizativas.
A nosa estrutura está dividida en departamentos segundo as seguintes seccións:
OPERACIÓNS
O equipo de operacións vela pola boa marcha na área de compras, desenvolvemento do produto, produción, control de calidade e mantemento.
VENTAS E MARKETING
O noso grupo de ventas encárgase da atención ao cliente, a xestión dos pedidos e facturación, xestión de incidencias e planificación de vendas e mercados.
DEPARTAMENTO FINANCEIRO E RRHH
Este asume as tarefas de contabilidade, tesouraría, administración, planificación, controller e xestión do persoal.
DEPARTAMENTO DE LOXÍSTICA E EXPEDICIÓNS
O cadro de persoal de loxística é a responsable da xestión de inventarios e materias primas, preparación, emisión e recepción de pedidos, transportes e cargas, entre outros.