Instalacións

Onde estamos

instalaciones-donde-estamos-xs
Atopámonos na rúa Paraíso s/n. 15680 Ordes (A Coruña)
A nosa nave ocupa unha superficie que supera os 2000 metros cadrados e conta cunhas instalacións do máis alto nivel. Grazas a un coidado deseño, aos mellores materiais e ás máis modernas tecnoloxías, o noso cebo vivo pode manterse en perfectas condicións ao longo de toda a cadea de produción.
instalaciones-infraestructuras-xs

INFRAESTRUTURAS/MAQUINARIA/TECNOLOXÍAS

Todo para a boa conservación do produto

Podemos presumir de contar con varios viveiros aclimatados e acondicionados cuns sistemas de recirculación da auga que nos permiten manter o produto estabulado durante varios días sen perda algunha de calidade. Isto conseguímolo mediante un óptimo deseño do caudal, dos equipos de tratamento e filtración mecánica e biolóxica, do control de salinidade, escumación, ozonización, arrefriamento, desinfección UV e do reparto do osíxeno disolto.
conservacion
Posuímos diversas cámaras e equipos de climatización necesarios para a vida dos anélidos.
É fundamental o beneficio de manter a temperatura controlada, xa que os animais son tremendamente fráxiles aos cambios de temperatura. Posuímos diversas cámaras e equipos de climatización necesarios para a vida dos anélidos.
Ao mesmo nivel, é de especial relevancia a distribución de diversos tanques de auga ao longo do recinto. A súa circulación e movemento serven como transportadores de osíxeno para o stock de anélidos.
Vótalle unha ollada ós nosos cebos
VER CEBOS DE RÍO cebos rio VER CEBOS DE MAR cebos mar
instalaciones-cuidados-xs

Coidados

Proceso de obtención e tratamento

micebo
Proceso de obtención e tratamento
A nosa variedade de cebo vivo abrangue dende especies internacionais como o coreano, o americano, as titas ou o cordelle, pasando por cebos colleitados en territorios fronteirizos como a tita palangre, o llobarrero, a rosca, o muergo, as galeras o verme inglés e ata cebos das nosas costas galegas, como poden ser o norte, o coco, a funda, a miñoca de area ou os cangrexos.
Os nosos propios cebos galegos son colleitados por mariscadores pertencentes a diferentes confrarías ao longo da xeografía galega que sempre cómpren con todos os estándares de calidade necesarios.
Grazas ás nosas modernas instalacións, durante o proceso de recepción de todos os anélidos redistribuímolos nos seus correspondentes viveiros segundo as súas necesidades fisiolóxicas ata o momento da embalaxe.
packaging
Embalaxe
A embalaxe empregada para cada produto tamén depende de diversos factores de compatibilidade co cebo. Tentamos facelo de maneira óptima: nun envase de cartón ou plástico reciclado empregamos para uns a area e para outros o substrato.
En todos os nosos envíos empregamos sempre a embalaxe máis adecuada en función da temperatura e requirimentos biolóxicos do cebo. Aqueles que o precisen tamén irán acompañados dun acumulador de xel frío para manter a temperatura.
transporte
Transporte
Dispoñemos dunha frota propia composta por varios vehículos certificados co máximo nivel ecolóxico. Do mesmo xeito, traballamos coas principais empresas de transporte de mercadorías que garanten a entrega o antes posible.
efectividad
Envíos
Grazas á responsabilidade das empresas de transporte e aos nosos servizos flexibles, en envíos nacionais podemos garantir as entregas antes das 10 da mañá do día seguinte á realización del pedido. Para o resto de países a entrega realizarase en un ou dous días en función do destino.
Para o resto de países a entrega realizarase en un ou dous días en función do destino.