Cebos de río

VERME PINKI VERMELLO

PINKI ROJO

Descrición do produto

O pinki ou Lucilia caesar é un verme en fase larvaria coñecido como «mosca verde» con reflexos metálicos. Esta variante de cor vermello posúe unha estrutura vermiforme que non sobrepasa de 1 cm de lonxitude.

A presentación para a venta é en un envase plástico de 1 litro cun leito de labras de madeira natural.

Características principais

Esta especie en fase larvaria utiliza as encimas proteicas e realiza unha acción trituradora co seu aparato bucal para poder penetrar nos corpos dos organismos dos que se alimenta.

Non son capaces de regular a súa temperatura, polo que son totalmente dependentes da temperatura ambiente para o seu desenvolvemento.

Moi apropiado para a pesca à inglesa, boloñesa, coup...

Dispoñibilidade

Continuada os 12 meses do ano, pero suxeita a carencias por motivos de inclemencias meteorolóxicas.
Todos os vermes poden chegar a ter unha merma do 40 % con respecto ao peso orixinal, segundo a especie.
cebos-rio

Peixes recomendables

Trátase dun cebo apto para todos os peixes brancos pequenos. Debemos ter en conta a lexislación oportuna segundo a especie e a época estacional.
cebos-rio

Pautas para unha boa conservación

Conservar a temperatura constante non superior a 4 ºC, xa que a temperaturas máis elevadas acelérase a súa transformación en casulo.
QUERO DISTRIBUILO micebo-button