Cebo conxelado

Descrición do produto

A sardiña é un peixe azul de cor gris escuro, azul e prateado. A sardiña pilchardus posee un corpo alongado, lixeiramente comprimido e oval.

Coñecida tamén como parrocha, podemos recoñecer este peixe debido a súa cabeza pequena e ollos grandes.

O seu corpo dispón de múltiples escamas estriadas moi características desta especie e que se poden desprender de forma sinxela.

A presentación deste cebo é en film selado ó vacío.

Características principais

A sardiña habita no océano atlántico e no mar mediterráneo.

Na época de verán, podemos atopala en cardume en augas dos 12 ós 24 grados.

A sardiña é un cebo polivalente que desprende un forte aroma a grandes distancias tanto en zonas de costa como en augas profundas.

Destaca a súa utilización nas modalidades de pesca como: pesca en altura, corcho, rockfishing, inglesa ou boloñesa.

Dispoñibilidade

Continuada os 12 meses do ano, pero suxeita a carencias por motivos de inclemencias meteorolóxicas e fluxo de mareas.
cebos-rio

Peixes recomendables

Tendo en conta que as pezas de pesca son variables según época, técnica e zona xeográfica é un cebo perfecto para especies medianas e grandes como: Palometa, douradas, robalo , sargo, congrios...).
cebos-rio

Pautas para unha boa conservación

• Temperatura 4° máx. en conservación ata 24h.
• Temperatura - 18° máx. en conservación ata os 12 meses.
QUERO DISTRIBUILO micebo-button