Cebos de río
Descrición do produto
O gozzer, coma o asticot, provén da Calliphora vomitoria. Esta larva encóntrase nunha fase de desenvolvemento superior que o asticot, polo que o seu tamaño é duns 2 cm aproximadamente. Da familia dos dípteros braquíceros, como o seu propio nome indica, é de cor branca.
A presentación para a venta é en un envase plástico de 1 litro cun leito de labras de madeira natural.
Características principais
Esta especie en fase larvaria utiliza as encimas proteicas e realiza unha acción trituradora co seu aparato bucal para poder penetrar nos corpos dos organismos dos que se alimenta.
Non son capaces de regular a súa temperatura, polo que son totalmente dependentes da temperatura ambiente para o seu desenvolvemento.
Moi apropiado para a pesca à inglesa, boloñesa, coup... É moi eficaz no lanzamento grazas á súa gran densidade.
Dispoñibilidade
Continuada os 12 meses do ano, pero suxeita a carencias por motivos de inclemencias meteorolóxicas.
Todos os vermes poden chegar a ter unha merma do 40 % con respecto ao peso orixinal, segundo a especie.
Peixes recomendables
Trátase dun cebo apto para todos os peixes brancos. Debemos ter en conta a lexislación oportuna segundo a especie e a época estacional.
Pautas para unha boa conservación
Conservar a temperatura constante non superior a 0 ºC, xa que a temperaturas máis elevadas acelérase a súa transformación en caster.
QUERO DISTRIBUILO