Cebos de mar

AMERICANO

Descrición do produto

O americano, Glycera dibranchiata, é un poliqueto de forma alongada e cilíndrica de cor rosácea. O seu corpo está dividido en segmentos, cun par de parápodos con cirilios urticantes en cada un e que producen unha leve sensación de electricidade ou urticaria nas xemas dos dedos.

A presentación para a venda é de 5 unidades nun envase de plástico cun substrato de area mariña grosa.

Características principais

Este imprescindible cebo debe o seu nome á súa procedencia, xa que é importado dende o litoral atlántico de Canadá e dos Estados Unidos. Abunda nos sedimentos.

Son carnívoros, aliméntanse estendendo un apéndice de catro cabeiros. Por este motivo deben manexarse con tino, xa que cando se senten ameazados estenden esta trompa para atacar ao seu agresor cunha mordedura que pode chegar a ser dolorosa.

A súa constitución forte, o bo tamaño e a resistencia ao ataque de peixes de menor envergadura, ademais dos recendos que desprende, convérteno nun manxar para moitas variedades de peixes.

É moi empregado polos amantes do surf casting e válido para técnicas como o corcheo ou a pesca en embarcación fondeada.

Dispoñibilidade

Continuada os 12 meses do ano, pero suxeita a carencias por motivos de inclemencias meteorolóxicas.
Todos os vermes poden chegar a ter unha merma do 40 % con respecto ao peso orixinal, segundo a especie.
cebos-rio

Peixes recomendados

Tendo en conta que as pezas de pesca son variables segundo a época, a técnica e a zona xeográfica, é un cebo especialmente atractivo para toda a familia dos espáridos como as douradas, os grandes sargos ou herreras ou outros peixes como os planos, lábridos e serránidos.
cebos-rio

Pautas para unha boa conservación

Temperatura entre 4 e 8 °C.
QUERO DISTRIBUILO micebo-button