Cebos de río
CAMOLE SERRÍN

Descrición do produto

A Galleria mellonella, tamén coñecida como verme «de cera» ou «de mel», é un insecto holometábolo de cor amarela en fase larvaria de bolboreta.

O seu tamaño varía de 2 a 3 cm e pode permanecer nesta fase entre 1 e 6 meses.

A presentación para a venda é nun envase plástico sobre un leito de labras de madeira natural.

Características principais

Esta especie, presente no mundo enteiro malia ser escasa en zonas de moito frío, vive como parasito nas colmeas de abellas. As couzas poñen os seus ovos nos paneis e os vermes crecen alimentándose da cera das abellas.

É moi empregada en calquera técnica, como a fixa ou á espera.

Dispoñibilidade

Continuada os 12 meses do ano, pero suxeita a carencias por motivos de inclemencias meteorolóxicas.
Todos os vermes poden chegar a ter unha merma do 40 % con respecto ao peso orixinal, segundo a especie.
cebos-rio

Peixes recomendables

É o mellor cebo vivo para augas rápidas, perfecto para capturar salmónidos e ciprínidos como o barbo e a carpa ou para a sempre universal troita. Debemos ter en conta a lexislación oportuna segundo a especie e a época estacional.
cebos-rio

Pautas para unha boa conservación

Temperatura entre 8 e 10 °C.
QUERO DISTRIBUILO micebo-button