Cebos de mar

CANGREXO MINI

Descrición do produto

O cangrexo de mar é un crustáceo de tamaño pequeno. O seu tórax é granulado e ten cinco espiñas laterais. Esta especie normalmente presenta unha cuncha verde escura máis ancha que longa e o seu primeiro par de apéndices locomotores está adaptado en forma de pinzas.

A presentación para a venda é un envase plástico cunha escolla de 12 pezas.

Dispoñible en varios tamaños.

Características principais

Este cebo é orixinario da costa atlántica europea, mediterránea e norte de África, e as nosas pezas colléitanse ao longo de toda esta área xeográfica. Habitan as zonas intermareais ou submareais e en gran variedade de ambientes, estuarios, zonas rochosas, etc.

Posúe unha gran adaptabilidade a diversas salinidades e é moi resistente.

Empregado en surf casting, corcheo mar, barco e rockfishing, entre outros.

Dispoñibilidade

Continuada os 12 meses do ano, pero suxeita a carencias por motivos de inclemencias meteorolóxicas.
Todos os vermes poden chegar a ter unha merma do 40 % con respecto ao peso orixinal, segundo a especie.
cebos-rio

Peixes recomendados

Tendo en conta que as pezas de pesca son variables segundo a época, a técnica e a zona xeográfica, é moi efectivo para calquera especie de bo tamaño (dourada, robaliza, ollomol, sargo, etc.).
cebos-rio

Pautas para unha boa conservación

Temperatura entre 8 e 12 °C.
QUERO DISTRIBUILO micebo-button