Cebos de mar

Descrición do produto

A Arenícola mariña ou coco é un anélido mariño que ten tres partes ben diferenciadas: a anterior, a posterior e a central. As dúas primeiras posúen segmentos sen sedas nin branquias aínda que a anterior é moito máis grosa. A parte central contén branquias de tipo arbustivo e de cor vermella.

A presentación para a venda é de 5 - 6 pezas nun envase plástico cun substrato de area mariña grosa.

Características principais

Extraémolo das nosas costas galegas. Habitan en túneles pouco profundos en forma de «U» cun buraco de entrada e outro de saída na superficie. A cavidade bucal retén as partículas orgánicas e a area é expulsada pola extremidade anal formando uns característicos cordóns nas praias. Trátase dun cebo de resistencia media pero moi atraente a distancia longa pola súa capacidade para inundar rapidamente a zona co líquido que segrega, un líquido moi rico en materias iodadas.

Emprégase moito en técnicas como a pesca de beira, barco ou surf casting.

Dispoñibilidade

Continuada os 12 meses do ano, pero suxeita a carencias por motivos de inclemencias meteorolóxicas.
Todos os vermes poden chegar a ter unha merma do 40 % con respecto ao peso orixinal, segundo a especie.
cebos-rio

Peixes recomendables

Tendo en conta que as pezas de pesca son variables segundo a época, a técnica e a zona xeográfica, os peixes recomendados para este produto son as douradas, as robalizas, os sargos, os rodaballos, os linguados... Tamén moi é atraente para o salmonete.
cebos-rio

Pautas para unha boa conservación

Temperatura entre 6 e 8 °C.
QUERO DISTRIBUILO micebo-button