Cebos de mar

Descrición do produto

O coreano europeo, tamén coñecido como «rag», con nome científico Nereis virens é un poliqueto de cor verde con reflexos azulados de forma alongada e formado por douscentos segmentos. Posúe un par de palpos biarticulados lixeiramente máis longos que as antenas e 2 pares de ollos en disposición trapezoidal.

Envasámolo en racións de 25-30 g sobre un substrato biodegradable que garante o seu perfecto acondicionamento. Base de poliestireno e tapa de cartón de madeira extrusionada.

Características principais

Procedente das costas atlánticas do centro e norte de Europa, este anélido vive nos substratos fangosos de augas frías e con pouca profundidade. Esta especie foi a primeira en cultivarse intensivamente na acuicultura, principalmente en Inglaterra e Holanda. Ten un aspecto similar ao do seu conxénere, o coreano, aínda que a súa natureza non é tan forte e non ten esa firmeza.

Utilízase moito no surf casting en zonas de augas frías como reclamo para as mellores pezas.

Dispoñibilidade

Continuada os 12 meses do ano, pero suxeita a carencias por motivos de inclemencias meteorolóxicas.
Todos os vermes poden chegar a ter unha merma do 40 % con respecto ao peso orixinal, segundo a especie.
cebos-rio

Peixes recomendados

Tendo en conta que as pezas de pesca varían segundo a época, a técnica e a zona xeográfica, a súa versatilidade faino atractivo para moitas especies: robaliza, sargo, dourada, ollomol, anguía e para a maior parte dos peces de rocha.
cebos-rio

Pautas para unha boa conservación

Temperatura entre 8 e 10 °C.
QUERO DISTRIBUILO micebo-button