Cebos de río

MIÑOCA DENDROBAENA S

DENDROBAENA S

Descrición do produto

A miñoca de terrón ou Eisenia foetida é a que coloquialmente coñecemos como «miñoca californiana». É de cor vermella escura e o tamaño deste oligoqueto oscila entre 3 e 8 cm. Respira por medio da pel e está dotado de 5 corazóns, 6 pares de riles e un clitelo na zona reprodutora.

A presentación para a venda é un envase plástico que contén entre 35 e 45 pezas de tamaño pequeno sobre unha base de terra natural.

Características principais

Esta especie habita en ambientes húmidos. É moi fotosensible, polo que se se encontra exposta aos raios de sol, a súa morte pode producirse en poucos minutos. Aliméntase de restos orgánicos de animais e vexetais e é moi valiosa tamén como abono.

O humus que produce esta miñoca é un excelente abono para prados, árbores frutais e diversos vexetais.

Moi recomendado para a pesca fixa e ao coup. Unha boa miñoca marca a diferencia en augas turbias ou crecidas.

Dispoñibilidade

Continuada os 12 meses do ano, pero suxeita a carencias por motivos de inclemencias meteorolóxicas.
Todos os vermes poden chegar a ter unha merma do 40 % con respecto ao peso orixinal, segundo a especie.
cebos-rio

Peixes recomendados

Trátase dun cebo apto para calquera tipo de peixe de auga doce como anguías, carpas, barbos, cachuelos, alburnos… sempre tendo en conta a lexislación oportuna segundo a especie e a época estacional.
cebos-rio

Pautas para unha boa conservación

Temperatura entre 4 e 10 °C.
QUERO DISTRIBUILO micebo-button