Cebos de mar

MUERGO - NAVALLA

Descrición do produto

A navalla ou «muergo» o Solen Marginatus é un bivalvo de concha fráxil, alongada, de valvas simétricas, lixeiramente cóncavas e co extremo anterior recto e oblicuo. Superficie lisa, con finas estrías de crecemento. Impresión muscular máis corta que a lonxitude do ligamento intervalvar. De cor amarela castaña e interior branco nacarado.

A presentación para a venda é un envase plástico que contén 10 pezas amarradas cun elástico ou licra.

Características principais

Viven nas costas do Océano Atlántico tanto europeas como norteafricanas e tamén nas costas do mar Mediterráneo. A nosa colleita realízase no Atlántico da Península Ibérica.

Esta especie vive enterrada colonizando os fondos areosos, con preferencia por praias abertas. Teñen a capacidade de enterrarse con rapidez a gran profundidade e poden permanecer enterrados creando uns sifóns fóra da area chuchando e expulsando a auga que van filtrando.

É moi empregado no surf casting.

Dispoñibilidade

Continuada os 12 meses do ano, pero suxeita a carencias por motivos de inclemencias meteorolóxicas.
Todos os vermes poden chegar a ter unha merma do 40 % con respecto ao peso orixinal, segundo a especie.
cebos-rio

Peixes recomendados

Tendo en conta que as pezas de pesca son variables segundo a época, a técnica e a zona xeográfica, este cebo é aprezado e versátil. Especialmente indicado para o sargo, a dourada, a ferreira, as robalizas ou os pargos.
cebos-rio

Pautas para unha boa conservación

Temperatura entre 8 e 12 °C.
QUERO DISTRIBUILO micebo-button