Cebo conxelado

Descrición do produto

Trátase dun verme de tons rosáceos ou agrisados. É a versión maxi da tita bibi. Do mesmo xeito, o seu corpo ten forma de tronco cunha trompa reversible. A boca atópase ubicada no extremo anterior e está rodeada por un grupo de tentáculos.

A presentación da tita palangre como cebo conxelado é en envase film selado ó vacío.

Características principais

Este cebo provén das zonas de Portugal, Cantábrico e Francia. É un cebo sedentario que vive en túneles escarvados no lodo ou na area dos fondos mariños costeiros, enterrado en sedimentos ou augas pouco profundas. Presenta 32 músculos lonxitudinais e outros circulares que lle dan aspecto reticulado e pel dura.

Esta musculatura apórtalle unha dureza e un grosor que favorece unha gran fortaleza á hora de realizar os lanzamentos, o que a fai apta tanto para a pesca en rocha como en zonas areosas.

Dispoñibilidade

Continuada os 12 meses do ano, pero suxeita a carencias por motivos de inclemencias meteorolóxicas e fluxo de mareas.
cebos-rio

Peixes recomendables

Tendo en conta que as pezas de pesca son variables segundo a época, a técnica e a zona xeográfica, calquera especie é susceptible de ser pescado con este cebo, pero as douradas de gran tamaño e en menor medida as robalizas e os sargos son as especies máis tentadas polos pescadores.
cebos-rio

Pautas para unha boa conservación

• Temperatura 4° máx. en conservación ata 24h.
• Temperatura - 18° máx. en conservación ata os 12 meses.
QUERO DISTRIBUILO micebo-button