Cebos de río

Descrición do produto

O asticot branco ou Calliphora vomitoria é a larva comunmente coñecida como «mosca da carne». Da familia dos dípteros braquíceros, como o seu propio nome indica, é de cor branca, aínda que poden variar do branco ao negro pasando polo marrón claro e vermello.

De estrutura vermiforme, non mide máis de 1 ou 2 cm.

A presentación para a venta ten dous formatos: un envase plástico de 125 cc sobre un leito de labras de madeira natural, ou un envase plástico tipo bolsa de 1 litro cun leito de labras de madeira natural.

Características principais

Esta especie en fase larvaria utiliza as encimas proteicas e realiza unha acción trituradora co seu aparato bucal para poder penetrar nos corpos dos organismos dos que se alimenta.

Non son capaces de regular a súa temperatura, polo que son totalmente dependentes da temperatura ambiente para o seu desenvolvemento.

Moi empregado na pesca ao coup ou á espera.

Dispoñibilidade

Continuada os 12 meses do ano, pero suxeita a carencias por motivos de inclemencias meteorolóxicas.
Todos os vermes poden chegar a ter unha merma do 40 % con respecto ao peso orixinal, segundo a especie.
cebos-rio

Peixes recomendables

Trátase dun cebo apto para calquera tipo de peixe de auga doce, especialmente para as troitas, en especial pola súa densidade xa que o fai moi eficaz para os lanzamentos. Debemos ter en conta a lexislación oportuna segundo a especie e a época estacional.
cebos-rio

Pautas para unha boa conservación

Conservar a temperatura constante entre 0 e 2 ºC, xa que a temperaturas máis elevadas acelérase o seu desenvolvemento.
QUERO DISTRIBUILO micebo-button