Cebos de mar
MIÑOCA SÚPER

Descrición do produto

A Lumbrineris latreilli posúe un aspecto con reflexos de cor rosa, laranxa ou marrón dende distintos ángulos. O seu corpo é alongado e cilíndrico máis fino nos extremos. Non posúe cirros tentaculares, pero si una mandíbula en forma de «Y» estriada e opalescente.

A presentación para a venda é de entre 5 e 6 pezas nun envase plástico cun substrato de area mariña grosa.

Características principais

Esta especie, tamén coñecida como «gavilán» ou «catalana», crece en todo o mundo en augas temperadas; aínda que os nosos exemplares colléitanse todas en Galicia. Crecen ata os 300 mm e viven na súa maior parte en area fina e barrosa, especialmente en substratos e lodo ricos en materia orgánica.

A pesar de ser un verme de menor grosor e lonxitude en comparación co resto, a gran cantidade de iodo que contén no seu interior convérteo nun gran obxectivo para os peixes nas técnicas como a pesca de beira e o surf casting.

Dispoñibilidade

Continuada os 12 meses do ano, pero suxeita a carencias por motivos de inclemencias meteorolóxicas.
Todos os vermes poden chegar a ter unha merma do 40 % con respecto ao peso orixinal, segundo a especie.
cebos-rio

Peixes recomendables

Tendo en conta que as pezas de pesca son variables segundo a época, a técnica e a zona xeográfica, este cebo considérase o mellor verme para a pesca de ferreiras e salmonete. Pero tamén é eficaz para os espáridos e os peixes planos.
cebos-rio

Pautas para unha boa conservación

Temperatura entre 14 e 16 °C.
QUERO DISTRIBUILO micebo-button