Cebo conxelado
Descrición do produto
O choquiño ou sepia elegans é un molusco de pequeno tamaño, de cor marrón e ventre branco, cunha base composta por pequenos tentáculos e ventosas dispostas en zig-zag. Ademais, ten uns tentáculos cunha lonxitude 4 veces maior a dos seus brazos.
A diferencia de outras especies, o choquiño, coñecido tamén como almendriña, podemos diferencialo dos seus semellantes polo seu corpo, xa que a parte dorsal é mais afiada.
A súa presentación para a venda é en envase film o vacío.
Características principais
Este cefalópodo ten o seu orixe no mar mediterráneo e no océano atlántico.
Durante o inverno podemos encontralo en augas profundas e en primavera e verán, en augas máis próximas a costa.
Destaca o seu uso para surfcasting e pesca en embarcación.
Dispoñibilidade
Continuada os 12 meses do ano, pero suxeita a carencias por motivos de inclemencias meteorolóxicas e fluxo de mareas.
Peixes recomendables
Tendo en conta que as pezas de pesca son variables según época, técnica e zona xeográfica, é recomendable para cebos como: Douradas, robalos, sargos, ...
Pautas para unha boa conservación
• Temperatura 4° máx. en conservación ata 24h.
• Temperatura - 18° máx. en conservación ata os 12 meses.
QUERO DISTRIBUILO