Cebos de mar
Descrición do produto
A Diopatra neapolitana é un anélido de corpo cilíndrico e alongado que pode chegar a un tamaño de ata 50 cm de lonxitude. Posúe diferentes tipos de sedas sobre o corpo. Presenta un par de cirros tentaculares no segmento bucal, dúas antenas frontais e cinco occipitais e máis dous palpos. É de cor verdosa con reflexos.
A presentación para a venda é de 3 - 4 pezas nun envase plástico cun substrato de area mariña grosa.
Características principais
Cebo procedente do Atlántico Europeo. A gran parte da funda que nós comercializamos provén das nosas costas galegas. Este poliqueto, que debe o seu nome ao tubo vertical membranoso que el mesmo constrúe e que pode chegar a superar o metro de lonxitude. É moi sensible á contaminación, o que fai que necesite zonas onde el fluxo das mareas sexa moi alto.
A súa laboriosa colleita dános unha idea da exixencia deste animal á hora de buscar profundas marismas e estuarios.
É perfecto para pescar de noite, xa que posúe moito fósforo e brilla en color verde fluorescente.
As técnicas de pesca máis populares asociadas a este cebo son a pesca de beira, barco ou surf casting.
Dispoñibilidade
Continuada os 12 meses do ano, pero suxeita a carencias por motivos de inclemencias meteorolóxicas e fluxo mariño.
Todos os vermes poden chegar a ter unha merma do 40 % con respecto ao peso orixinal, segundo a especie.
Peixes recomendables
Tendo en conta que as pezas de pesca son variables segundo a época, a técnica e a zona xeográfica, é recomendado para a robaliza, o sargo e douradas, entre outros.
Pautas para unha boa conservación
Temperatura entre 14 e 16 °C.
QUERO DISTRIBUILO